Download Os xigantes e cabezudos voltarán a recorrer as rúas pobrenses
Document related concepts
no text concepts found
Transcript
a pobra do caramiñal 19 a 22 de agosto VIERNES 19 DE AGOSTO DE 2016 carme dos pincheiros 29 EL CORREO GALLEGO Os xigantes e cabezudos voltarán a recorrer as rúas pobrenses a banda militar da brilat acompañará a procesión e a ofrenda á virxe na tarde do domingo A s actividades das festas do Carme dos Pincheiros na Pobra comezan hoxe con lanzamento das bombas de palenque ás 19.00 horas, ao que lle seguirá o desfile de xigantes e cabezudos, desde a Confraría do Carme, acompañado das gaitas de Trécola. O pregón será ás 21.00 horas e, deseguido, novo percorrido dos xigantes e cabezudos. Ás 21.30 horas, actuará a Escola de Baile El Tomasón na praza Cantón da Leña. Ás 22.30 horas, na praza do Emigrante, concerto de Golpe Radikal. sábado, 20. A xornada de mañán ábrese coas bombas UNHA DAS RÚAS da vila de Pobra do Caramiñal, que acollerá parte das actividades das festas do Carme dos Pincheiros. Foto: S.S. de palenque e os pasacalles da Banda de Música de Arcade e mailos grupos de gaitas Os Carabairos, Xiada, Barlovento e Os Salgueiriños. Ás 12.30 horas, desfile de xigantes e cabezudos, acompañados de Trécola. Ás 13.00 horas, espectáculo de maxia de Palabras Máxicas. Ás 13.30 e ás 19.00 horas, concerto da Banda de Música de Arcade nos xardíns. Ás 20.00 horas, comenza a festa amenizada pola charanga Os Santiaguiños, e ás 22.00 horas, terá lugar a Festa da Auga Sanxuerguíns. De animar a verbena da noite encargaranse a orquestra Marimba e o grupo M3. Domingo, 21. Despois das bombas de palenque, comenzarán os pasacalles a cargo da Banda de Música de Calo, Banda de Gaitas Trécola, os grupos de gaitas Xiada e Barlovento, o grupo de baile As Arrancadeiras e a Banda Militar da Brilat, que tamén acompañarán aos xigantes e cabezudos no seu percorrido. A praza do Cantón da Leña acollerá unha serie de xogos populares para os nenos e nenas. A Banda Militar da Brilat e a Banda de Música de Arcade protagonizarán senllos concertos, a partir das 13.30 horas. Pola tarde, ás 18.30 horas, misa solemne na honra da Virxe do Carme dos Pincheiros, cantada por Capela de Música Lauda Sión, ao que lle seguirá a procesión acompañada da Banda Militar da Brilat, a Banda de Música de Calo, Escola de Danzas da Asociación de Amas de Casa da Pobra do Caramiñal e os xigantes e cabezudos, que realizarán a ofrenda á Virxe. O acto rematará coa tradicional traca. A verbena da noite estará amenizada pola orquestra Estelares e o grupo D’Lider. Luns, 22. Así comeza a última das xornadas do Carme do Pincheiros por este ano. Despois das bombas, pasacalles da Banda de Música da Pobra do Caramiñal, a banda de gaitas de Calo, os grupos de gaitas Trécola, Xiada, Barlovento, Os Carabeiros e Os Salgueiriños. O desfile dos xigantes e cabezudos sairá ás 12.00 horas, acompañados de Trécola. Os máis pequenos poderán disfrutar de máis actividades a partir das 12.00 horas e hasta ás 14.00 horas e 17.00 a 19.00 horas, coa actuación de Axóuxere. Ás 13.00 horas, concerto da Banda de Música da Pobra, seguido dun percorrido polas rúas dos grupos de gaitas. Ás 18.00 horas, dará comezo unha exhibición de aeromodelismo, automodelismo e embarcacións de radio control, na rampa do Pantalán. Ás 18.30 horas, misa solemne en lembranza dos cofrades finados, cantada pola Coral Abrente. Deseguido, novo desfile dos xigantes e cabezudos que estará acompañados polos grupos de baile e banda de música. A verbena da noite correrá a cargo da orquestra Tango. O tradicional Gran Combate Naval, con fogos de artificio, porá o fin das festas do Carme dos Pincheiros por este ano. A. bouza/a pobra 30 carme dos pincheiros EL CORREO GALLEGO a pobra do caramiñal 19 a 21 de agosto FACHADA marítima de A Pobra do Caramiñal, onde veciños e visitantes poderán disfrutar dos actos organizados. Foto: S.S. A comisión de festas agradece a colaboración da veciñanza un dos actos máis esperados por todos son os fogos artificiais na medianoite do luns VIERNES 19 DE AGOSTO DE 2016 A comisión de festas do Carme dos Pincheiros da Pobra do Caramiñal está formada na súa maioría por un grupo de mariñeiros xubilados, moitos dos cales pertencentes tamén á confraría de Semana Santa. É a primeira vez que organizan estas festas, pero sempre estiveron moi vinculados ás mesmas. Este grupo de persoas fai fronte a un importante presuposto, que se eleva a 50.000 euros, para que todo sexa un éxito, cantidade que se reúne da aportación económica do Concello da Pobra, así como da pedida que se fai polas casas, o que aportan as empresas e comercios do municipio e a publicidade do cartel das festas. Desde a comisión sinalan que “estamos contentos da resposta dos veciños á hora de facer a súa aportación. Este foi uno dos motivos que nos levou a facer os catro días de festa e non os tres que tiñamos previsto, xa que conseguimos non ter débedas”, afirman. E para que todos poidan gozar das festas, “este ano contratamos un bó número de gaiteiros para que acudan coa súa música ás casas e aldeas do rural, xa que eles tamén nos dan a súa aportación”. Polo que atinxe á programación, destaca como sempre a procesión da Virxe do Carme, que é un dos principais atractivos das festas e o que máis devotos atrae a Pobra do Caramiñal e tamén entre a xente do pobo, no que desperta grandes emocións, por ser a patroa dos mariñeiros. E como non, os xigantes e cabezudos co seu colorido e desfile, do que disfrutan non só o máis cativos, senón tamén a xente maior. Outra das actividades a destacar son os Sanxuerguíns: un espectáculo donde a auga é a protagonista. E como remate o Gran Combate Naval do último día das festas, que tamén ten un gran atractivo, así como os fogos de artificio, que se lanzarán a partir das doce da noite do luns, como ven levándose a cabo cada ano. Tamén destaca a presenza de boas orquestras para animar as verbenas da noite. A. Bouza/a pobra carme dos pincheiros 31 EL CORREO GALLEGO A Tenda Escola O Deán traballa na inclusión laboral para persoas con discapacidade clases prácticas do ciclo formativo de comercio, así como algún curso realizado a nivel da comunidade europea a través do clúster do textil, etc. no centro realízanse prácticas co ciclo formativo de comercio e ofrece asesoramento empresarial inclusión laboral. Apunta Amparo Cerecedo, presidenta da Asociación de Comerciantes da Pobra, “este ano estamos centrados na inclusión laboral para persoas con discapacidade física e psíquica. O último programa tivo unha gran acollida entre as familias, que decían que non era só que os rapaces se formaran, senón que se visualizase a discapacidade”. Tamén realizan asesoramento empresarial de xeito integral, para todo aquel que O Centro Comercial Aberto da Pobra do Caramiñal dispón dun local no cal a Asociación de Comerciantes decidiu que se convertise nun centro de formación para aqueles que queiran ter o seu futuro laboral no sector comercial. Trátase da Tenda Escola O Deán, na cal se imparten USUARIOS dos colectivos Amicos en Ámbar ante a Tenda Escola Deán. Foto: S.Souto CALIDAD Y PRECIO GARANTIZADOS C/ Gasset, 100 T. 981 833 112 - 981 830 007 F. 981 873 945 Pobra do Caramiñal a pobra do caramiñal 19 a 22 de agosto VIERNES 19 DE AGOSTO DE 2016 queira instalar un comercio. “Podemos decir que negocios abertos recentemente e incluso algúns xa consolidados, pasaron pola Tenda Escola do Deán para asesorarse”. Asemade “traballamos con nenos e nenas para que vaian coñecendo o pequeno comercio. Por exemplo, este ano alumnos do colexio Salustiano Regueiras colocaron carteis nos escaparates dos establecementos con motivo das Letras Galegas”, señala Cerecedo. Por último, Amparo Cerecedo quere facer un chamamento aos comercios da Pobra, “para que, en consonancia con programa de inserción laboral que estamos a desenvolver, poñan mercancías á venda, que os alumnos con discacidade poidan facer a clase práctica e ter acceso ao mundo laboral”. A. Bouza/a pobra Virxe do Monte, 44 (A Pobra do Caramiñal) picosservicioselectricos@gmail.com T. 699 39 68 76 Les desea Felices Fiestas Tls.: 981 833 128 - 981 833 032 Playa de Cabío, s/n A POBRA DO CARAMIÑAL