Download CEIP da TORRE
Document related concepts
no text concepts found
Transcript
CEIP da TORRE - CELA BUEU CRUSTÁCEOS MOLUSCOS PEIXES Camarón Ameixa fina Alcrique Centola Ameixa xaponesa Boi Cangrexo Cigala Ameixa babosa Ameixa rubia Berberecho Langosta Bígaro Nécora Choco Lumbrigante Percebe Santiaguiño Calamar Choupa Corniche Longueirón Lura Mexillón Navalla Ostra Abadexo Bolos Cabalón Congro Faneca Linguado Lirio Maragota Muxo Peixe porco Pescada Piarda Raia Rapante Polbo Rincha Vieira Rodaballo Reloxo Zamburiña Robaliza Rubio Salmonete Sanmartiño Sardiña Sargo Solla Xurel CRUSTÁCEOS NOME: Boi ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Ten pinzas grandes e fortes e unha forma ovalada. É de cor pardo amarelento mais ancho que longo e conten un contorno li- xeiramente festoneado. Ten o primeiro par de patas moi desenrolado cunhas pinzas de gran tamaño e extremos negros que encerran unha carne moi delicada e sabrosa. Hai exemplares que poden chegar a pesar 5 kg. As femias soen ter mais carne e distínguense dos ma- chos por unha lengüeta triangular no seu abdome moito mais grande ca do macho. COMO SE CAPTURA?: Péscase con nasas, normalmente de forma se- miesférica. A cada nasa colócaselle un cebo antes de sumerxila. En cada marea as nasas son alzadas para recoller as capturas. FOTO DEBUXO NOME: Camarón ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Son parecidos ás gambas pero moito máis pequenos. Teñen as patas pequenas, o corpo comprimido. A cola comparada co corpo é longa. A coraza pouco resistente ten un color grisáceo. COMO SE CAPTURA?: Captúrase con nasas , trueles ou ganapáns . Os que se pescan con nasas permanecen nelas comendo peixe que se usa de cebo ata que as levantan polo que cando se cocen saben a peixe , por iso os que se capturan con true- les ou ganapáns son de maior calidade . Non teñen época de veda .Péscanse cerca das rochas e das bateas con barcos de baixura. FOTO DEBUXO NOME: Cangrexo ESPECIE: Crustáceo COMO É?: De tamaño pequeno, está formado por un caparazón e dez patas, dúas delas levan unhas pinzas para a captura de alimentos e para defensa de outras especies. A súa movilidade é lateral. COMO SE CAPTURA?: Xeneralmente se captura con nasa. Tamén é posible cun aparello de rede, trasmallo e tamén cun ganapán. É doado capturala coa man debido a súa lenta movilidade. As embarcacións que se utilizan para a captura de crustáceos soen ser xeneralmente de pequeno tamaño, para facilitar a proximidade á costa. A época de veda é no momento de desove crías FOTO DEBUXO NOME: Centola ESPECIE: Crustáceo COMO É?: O seu caparazón é de cor vermello ou marrón. É triangular por diante e case redonde por detrás. Está cuberta dunha espe- cie de espiñas. Ten cinco pares de patas duras e longas, e na parte de diante dúas tenazas fortes. Os machos son máis pequenos, es- treitos e delgados, mentras as femias teñen forma ovalada e son máis anchas e grosas. A centola galega diferénciase da extranxeira por ser máis escura, ter unllas afiadas e o caparazón cuberto de algas e vellosidades. COMO SE CAPTURA?: Péscase coas nasas. A época de veda é do un de abril ao un de xuño, e do un de setem- bro ata o trinta e un de decembro. FOTO DEBUXO NOME: Cigala ESPECIE: Crustáceo COMO É?: É un animaliño pequeno. Ten os ollos pequenos. O seu corpo, por fóra, é como unha cuncha. Logo ten como unha serra que está na parte de arriba da testa, onde están as antenas. Por den- tro é todo carne. Se é grande e está chea na parte de dentro da cabeza ten os corais. COMO SE CAPTURA?: O método de captura é o arrastre. FOTO DEBUXO NOME: Langosta ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Crustáceo decápodo mariño de gran tamaño con antenas A súa carne é moi apreciada. As langostas diferéncianse esencial- mente dos lumbrigantes polo seu primer par de patas deprovistas de pinzas e polas súas longas antenas fortes e espinosas na súa base. COMO SE CAPTURA?: Se pescan mediante as chamadas nasas ou cestos de langosta. FOTO DEBUXO NOME: Lumbrigante (Bogavante) ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Crustáceo decápodo. Posúe cinco pares de patas, catro das cales están situadas no tórax. O primeiro par de patas remata en dous grandes pinzas. Posúe dúas longas antenas e outras catro moito máis curtas. De corpo robusto e alongado. O madeiro é liso. O abdome ten sete aneis e a cola é en forma de abano. Presenta co- loracións verdosas, marrons, negras ou azuis. A femia caracterízase por ter unhas pequenas patas atrofiadas, situadas despois do último par de patas. COMO SE CAPTURA?: As técnicas de pesca máis empregadas son as nasas, en especial, a chamada "nasa lagosteira". Outras utilizadas, aínda que en menor medida, son as de arrastre, trasmallo, miños (tamén denominados rascos) e raeiras ou arte de enmalle. FOTO DEBUXO NOME: Nécora ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Ten a cuncha hexagonal ce cor parda escura, dous ollos vermellos, cinco pares de patas e dúas pinzas. O macho ten o abdome triangular e a femia o ten máis redondeado e ancho. COMO SE CAPTURA?: Péscase con nasas. Antigamente en gamelas a remo, agora en barcos de poliéster e motor. A mellor época de pesca está entre os meses de xullo e decembro. FOTO DEBUXO NOME: Percebe (Pollicipes pollicipes) ESPECIE: Crustáceo COMO É?: Presenta unha parte superior, ou capítulo, e outra infe- rior, ou pedúnculo, que é a parte que se fixa ás rochas. A parte su- perior, unlla, é de cor branca e gris. Debaixo están a maioría dos órganos. O percebe é hermafrodita, pero para se reproducir fan falla dous indivíduos distintos, actuando un como macho e o outro como femia. COMO SE CAPTURA?: Recóllese a man cun utensilio chamado “ga- teña”. Os percebes atópanse na zona intermareal das rías, cantís, illas... A súa colleita ofrece un gran risco para os operarios, chamados “percebeiros”. Non ten época de veda. FOTO DEBUXO NOME: Santiaguiño ESPECIE: Crustáceo COMO É?: O seu corpo é robusto e aplanado, de cor parda con acen- tuacións vermellas, e as unións dos segmentos abdominais, de cor máis intensa. Presenta dous pares de antenas anchas e planas en forma de pau. COMO SE CAPTURA?: Captúrase con nasas e redes. A temporada da súa pesca é en xullo e agosto. As embarcacións que pescan os santiaguiños chámanse “marisqueros”. FOTO DEBUXO MOLUSCOS NOME: Ameixa babosa ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa cuncha ten liñas finas que se debuxan paralelas ao borde. A súa cor é gris ou acastañada. Mide uns 5 ou 6 cm. É de menor valor que a ameixa fina. COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre os meses de setembro e abril. Recóllense en zonas areentas, ou ben a pé, con sachos ou angazos, ou a flote dende unha barca, cun rastro de vara. FOTO DEBUXO NOME: Ameixa fina ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A cuncha é convexa no centro con estrías moi finas. É de cor branca, amarela ou marrón claro. Fóra da auga aguanta moito tempo viva. Mide uns 5 ou 6 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllense entre setembro e abril. Recóllense a pé con angazo aproveitando a marea baixa ou con raña dende peque- nas embarcacións. FOTO DEBUXO NOME: Ameixa rubia ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa cuncha ten liñas concéntricas en forma de zig zag i é tan lisa que parece pulida. A súa cor é de tons vermellos e morados. Pode medir ata uns 5 ou 6 cm. COMO SE CAPTURA?: As datas de recollida van de setembro a abril. Recóllense a pé en zonas areentas mediante rastros, angazos ou sa- chos, e con raño dende pequenas embarcacións. FOTO DEBUXO NOME: Ameixa xaponesa ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa cuncha ten unhas liñas moi marcadas. A cor varía entre tostado, gris e negro. Medra moi rápido, podendo chegar ata os 6 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e abril. Recóllense mediante marisqueo a pé con sachos, rastros ou angazos, ou marisqueo a flote con rastro de vara ou raño, dende pequenas embarcacións. FOTO DEBUXO NOME: Berberecho (corneirolo) ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: Ten unha cuncha fonda, abombada e ovalada, cuns ner- vios moi marcados. É de cor branca e marrón con tonos grisáceos e manchas pardas. Aliméntase de diminutas plantas. Pode medir entre 3 e 5 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e maio. Recóllese en zonas areentas a pé con angazo ou sacho, ou a flote dende pequenas ambarcacións con rastro. FOTO DEBUXO NOME: Bígaros (Caramuxos) ESPECIE: Molusco COMO É?: Coma un caracol mariño de cuncha cónica. A súa cor é negra ou parduzca. Mide uns 3 cm. Aguanta moito fóra da auga. Vive nas rochas e aliméntase de algas. COMO SE CAPTURA?: Non ten época de veda. Cóllense directamente das rochas coas mans. FOTO DEBUXO NOME: Calamar ESPECIE: Molusco cefalópodo COMO É?: Animal cun corpo alongado con forma de saco e un gran ollo na cabeza. Ten oito brazos con tentáculos. Entre os brazos ten a boca moi semellante o peteiro dun loro. No seu corpo , que é coma de goma e cambia de cores moi rápido, ten unha aleta a cada lado que lle serven para nadar. COMO SE CAPTURA?: Pèscase con rapetas, bous,cercos e con po- teiras. Para as poteiras utilízanse embarcacións pequenas incluso sen motor, e para as outras artes calquer tipo de embarcacións . Nunca está en veda. Excepto as poteiras cada arte está autorizada en épocas determinadas. FOTO DEBUXO NOME: Choco ESPECIE: Molusco Cefalópodo COMO É?: É máis pequeno ca sepia. A súa boca está rodeada por oito brazos, con dúas ringleiras de ventosas en zigzag. A cuncha é un pouco máis estreita que alongada. O marxen do manto forma un án- gulo agudo sobre a cabeza. COMO SE CAPTURA?: A arte de pesca coa cual o pescan é con nasas, cebo, trasmallo e artes de arrastre. Se usan embarcacións pequenas. O choco non ten veda. FOTO DEBUXO NOME: Choupa ESPECIE: Molusco cefalópodo COMO É?: Parecido ao calamar pero de clase inferior. COMO SE CAPTURA?: Ponse un anzó con comida nunha cana. FOTO DEBUXO NOME: Corniche (Cornicha) ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa cuncha é de cor branca con estrías. Vive soterrado a pouca profundidade en fondos mariños brandos. A súa carne é moi sabrosa. COMO SE CAPTURA?: Cóllese na praia e nos fondos areentos. A súa pesca regúlase non por veda, senón por quilos por mariscador. Péscase a pé co angazo e dende barco con rastro de vara. FOTO DEBUXO NOME: Longueirón ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: Ten cuncha recta en forma de tubo longo i estreito de bordes rectos. A súa cor é amarela pálida con liñas finas acastañadas. Pode medir ata 20 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllense todo o ano. Recóllese coa man botándolle sal nos ollos de saída ou cun sacho moi vertical. Tamén en zonas moi profundas, buceando a pulmón. FOTO DEBUXO NOME: Lura ESPECIE: Molusco cefalópodo COMO É?: Molusco mariño co corpo algo alongado e unha cuncha in- terna,ten tentáculos con ventosas e posúe unha bolsa interna onde se acumula unha substancia negra, chamada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar asi ser vista e poder escapar cando se sente perseguido. COMO SE CAPTURA?: Péscase coa cana de pescar e petela. Na ría de Pontevedra, péscase en motora ou en bote... A súa época de pesca é en outubro,novembro e decembro. FOTO DEBUXO NOME: Mexillón ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: Ten unha cuncha alongada e algo triangular. É de cor negra por fóra e a súa carne alaranxada. Aliméntase de placton. De longo pode medir entre uns 7 a 10 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllese todo o ano. Hai que analizalo e se ten toxina non se pode recoller. Cultívase en bateas unidos a unhas cordas verticais. FOTO DEBUXO NOME: Navalla ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa cuncha é alongada e algo curvada, cunha superficie moi lisa. A súa cor vai do branco ao marrón claro con bandas moradas ou par- das. Pode medir ata 15 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllese todo o ano. A forma tradicional é na orilla coa man, botándolle sal nos orificios de saída, ou a buceo a pul- món. FOTO DEBUXO NOME: Ostra plana ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: Ten forma redonda cunha superficie rugosa e irregular de- bido ás estrías concéntricas de crecemento. A súa cor é gris verdosa ou parduzca. Aliméntase de microalgas. Pode medir entre 6 e 15 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllense todo o ano. Atópanse na area da praia, aínda que cada vez menos, e sobre todo cultívanse en bateas unidas a cordas verticais. FOTO DEBUXO NOME: Polbo ESPECIE: Molusco cefalópodo COMO É?: Ten 8 tentáculos. Nos tentáculos ten moitas ventosas. Ao lado dos tentáculos teñen unha boca. O corpo ten forma de saco e os ollos son moi grandes. Cambia de cor. COMO SE CAPTURA?: O polbo péscase na ría de Pontevedra. A época da veda é novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo. Para cap- turalos emprégase a nasa. FOTO DEBUXO NOME: Reloxo ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: Ten unha cuncha casi circular con moitas estrías de crecemento, finas e concéntricas. A súa superficie é máis ou menos lisa. A súa cor é branca amarelenta ou pardo pálido con raias escuras. Mide entre 5 e 6 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e abril. Na baixamar con sachos ou rastros, e nas augas costeiras dende chalanas co ras- tro de vara. FOTO DEBUXO NOME: Vieira ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: A súa valva superior é casi plana, a inferior máis grande, é convexa. Ten raios que fan un debuxo que semella un abano. A súa cor é vermella ou parda amarelenta. Pode medir entre 10 e 15 cm. COMO SE CAPTURA?: Cóllense de decembro a febreiro, aínda que na nosa ría agora están sempre en veda pola toxina. Usábase o rastro da vieira. FOTO DEBUXO NOME: Zamburiña ESPECIE: Molusco bivalvo COMO É?: As súas cunchas son ovaladas e con dúas orellas. A supe- rior é algo máis abombada. Ten uns 25 a 30 surcos. Aliméntase de placton. Pode medir de 4 a 6 cm. COMO SE CAPTURA?: Recóllese de setembro a maio. Captúrase me- diante rastro remolcado ou rastro de vara. FOTO DEBUXO PEIXES NOME: Abadexo (Pllachius pollachius) ESPECIE: Gádidos COMO É?: Ten un corpo esbelto e alongado. Pode medir de 40 a 80 cm de lonxitude, alcanzando un máximo de 130 cm. O seu peso má- ximo é de 14 kg. Está cuberto de escamas pequeniñas. A primeira aleta dorsal é triangular e a segunda dorsal ten a base o dobre de longa. A primeira aleta anal é a máis grande de todas, A súa cor é dourada por riba e prateada na parte de abaixo. COMO SE CAPTURA?: Captúrase con canas e liñas. A súa veda está entre os meses de xuño e agosto. FOTO DEBUXO NOME: Alcrique ESPECIE: Peixe COMO É?: É un peixe azul. É pequeno e ten a pel escura e bri- llante.Ten unha cabeza en forma de punta como unha agulla, de ahí ven o seu nome: A agulla . COMO SE CAPTURA?: Coa rede. FOTO DEBUXO NOME: Bolos ESPECIE: Peixe COMO É?: longo como unha culebriña de dúas cores, uns beis e blanco, outros gris e blanco. COMO SE CAPTURA?: Captúrase coas rapetas na praia. FOTO DEBUXO NOME: Cabalón ESPECIE: Peixe COMO É?: Ten dorso de cor azul verdosa marcado de bandas si- nuosas. Os laterais e o ventre amarelo plateado. Pódese confundir coa cabala ou rincha. COMO SE CAPTURA?: Péscase con redes. FOTO DEBUXO NOME: Congro (Conger conger) ESPECIE: Congriedae COMO É?: é un peixe de gran tamaño, pode chegar a os 3 metros, se ben o seu tamaño medio é de 1’5 m. Ten un corpo forte, similar a unha serpe, cilíndrico, con unha aper- tura branquial. Non ten aletas ventrais, xa que dispón de aletas pec- torais. Ten unha cabeza grande, con ollos redondos, cunha gran boca. O dorso é azulado, mentres ca súa parte inferior é branca. COMO SE CAPTURA?: Pódese capturar co palangre. A época na que está máis rico é en inverno, primaveira e verán. FOTO DEBUXO NOME: Faneca ESPECIE: Peixe COMO É?: Ten unha carne moi branca. O seu corpo é alongado, con grandes ollos e fortes dentes. É de cor pardo amarelento no dorso, e gris prateado escuro no ven- tre. Vive en fondos areentos de profundidade media. COMO SE CAPTURA?: Péscase de febreiro a setembro, mediante palangre ou redes de arrastre. FOTO DEBUXO NOME: Linguado (Solea vulgaris) ESPECIE: Soleidos COMO É?: A súa forma é ovalada e plana. Ten unha boca dentada. A súa talla mínima é duns 20 cm e a talla máxima é duns 45 cm. Soe pesar entre 200-400 g. Ten aletas dorsais e anais da cabeza ata a cola. COMO SE CAPTURA?: Con arrastre,miño e palangre. A melllor época deste peixe é en marzo e abril. FOTO DEBUXO NOME: Lirio ESPECIE: Peixe COMO É?: Peixe alongado de carne branca, con cabeza grande trian- gular na que ten unha boca grande con dentes cortantes. A súa cor é gris azulado na parte dorsal e branquecina no ventre. Mide de 15 a 20 cm. COMO SE CAPTURA?: Péscase de marzo a xuño mediante o arras- tre ou rede de cerco. FOTO DEBUXO NOME: Maragota (Labrus bergylta) ESPECIE: Labridae COMO É?: Corpo rechoncho, fuciño puntiagudo con labios carnosos e dentadura potente. De cor variable según a época do ano. O seu ta- maño máximo e de 66 cm e pode pesar ata 3 kg.Ten escamas. ten unha única longa aleta dorsal, provista dunha vintena de espiñas. COMO SE CAPTURA?: Dende a beira do mar, sempre que o fondo sexa pedra. Tamén poden pescarse cun aparello fino e ben lastrado (por iso convén usar anzós finos de pata longa e rectos). Non,ten veda, a época que está mais rica é no inverno. Péscase co trasmallo con anzol ou cana dende as rochas. FOTO DEBUXO NOME: Muxo (Mugil cephalus) ESPECIE: Mugílidos COMO É?: Seu corpo é alongado, ten unha cor azulada, alcanza uns 60 cm.. Ten dúas aletas laterais, unha delas máis curta, e escamas moi grandes, labios grosos e cola en forma de V. Dependendo da zona ten mellor ou peor fama.Os de augas limpas son moi apreciados. COMO SE CAPTURA?: Péscanse con cana e con trasmallos. A mellor época para pescalos é na primavera e no outono FOTO DEBUXO NOME: Peixe porco ESPECIE: Peixe COMO É?: Pertence á familia dos Balistidae. Distínguense pola súa resistencia e agresividade. Teñen mandíbulas moi robustas e dentes capaces de romper corais e mexilóns. É de cor azul escuro e ten unha boca pequena. COMO SE CAPTURA?: É doado de capturar porque son moi curiosos. Pican moi ben nos anzós porque son carnívoros. FOTO DEBUXO NOME: Pescada (Merluccius merluccius) ESPECIE: Merlúcidos COMO É?: É un peixe alongado. A súa cor varía, as da nosa zona son gris prateado. Pode chegar a pesar 11 kg e pode medir 1,8 m. Ten escamas, aletas alongadas e a aleta caudal recta. COMO SE CAPTURA?: Con artes de pincho e arrastre. A época de veda da pescada é nos meses de abril, maio, xuño e xullo. FOTO DEBUXO NOME: Piarda (Atherina) ESPECIE: Atherinidae COMO É?: Forma alongada. A súa corcor é algo verdosa no dorso con puntos negros. Leva sobre o costado unha banda prateada lonxitudinal. Miden de 12 a 16 cm e o máximo 20 cm.Teñen escamas.A forma da súa cola é en V. COMO SE CAPTURA?: Captúranse con miños. Son catro redes con suela e miñoca. A súa época de veda e no verán. FOTO DEBUXO NOME: Raia (Raja clavata) ESPECIE: Ráyidos COMO É?: É un peixe branco. O seu corpo é plano con aletas pec- torais triangulares. Pel áspera, que, nas zonas dorsais, presenta nu- merosos aguillós. É un peixe cartilaxinoso, que non posue esqueleto óseo. É de cor gris claro con manchas. Pode medir de 80 a 90 cm e chega a pesar 17 kg. COMO SE CAPTURA?: Captúrase con arrastres, palangres e redes de enmalle. Soe pescarse nos meses que teñen r. FOTO DEBUXO NOME: Rapante ESPECIE: Peixe COMO É?: É de dúas cores, un grisado e un branco. É plano e polos lados ten espiñas COMO SE CAPTURA?: Coas redes de pescar FOTO DEBUXO NOME: Rincha (Scomber scombrus) ESPECIE: Escómbridos COMO É?: É un peixe de corpo alongado, de cor verdoso azulado, con liñas verticais escuras na metade superior. Ten unha ringleira de ale- tiñas próximas á cola. É un peixe peláxico i emigrante que convive en bancos, e que ven ás nosas costas en primavera e ataca aos bancos de sardiñas. Alcanza unha lonxitude máxima de 50 cm e pesa uns 4 kg. Vive entre a superficie e os 300 m. de profundidade. COMO SE CAPTURA?: Péscase con artes de cerco e cos trasmallos. Tamén se pode pescar con liña. A rincha ten veda no verán. FOTO DEBUXO NOME: Robaliza (Dicentrarchus labrax) ESPECIE: Serránidos COMO É?: É un peixe fusiforme, con corpo redondo, robusto e alon- gado. A súa pel e gris prateada. Pode medir de media 40 - 80 cm. Pode pesar 4, 7 ou incluso 12 kg. COMO SE CAPTURA?: Con anzó. A súa época de veda é dende abril ata outubro. FOTO DEBUXO NOME: Rodaballo ESPECIE: Peixe COMO É?: Peixe plano casi circular. Non ten escamas. A súa cor é gris pardo veteado co ventre branco. Aliméntase doutros peixes. Vive repousando nos fondos areentos e se despraza moi lentamente. COMO SE CAPTURA?: Pódese pescar ao longo de todo o ano. Em- prégase para a súa captura o trasmaio ou o palangre de fondo. FOTO DEBUXO NOME: Rubio (Escacho) ESPECIE: Peixe COMO É?: De coloración vermella. A súa cara interna con manchas escuras e a externa violeta manchada de azul. Aproximadamente mide 40 cm. COMO SE CAPTURA?: Con redes, palangres e sedal. FOTO DEBUXO NOME: Salmonete ESPECIE: Peixe COMO É?: Ten o corpo alongado algo aplanado e uns ollos grandes. Na parte dianteira ten dúas barbelas longas. É dunha cor entre ver- mella e rosada. COMO SE CAPTURA?: O salmonete de rocha pescase con trasmallos. FOTO DEBUXO NOME: Sanmartiño ESPECIE: Peixe COMO É?: De cor azul e verde e ten un círculo negro. As aletas son moi longas. Son como ondas. COMO SE CAPTURA?: Péscase con redes e sedal. Tamén encontránse exemplares en pesca submarina. FOTO DEBUXO NOME: Sardiña (Sardina pilchardus) ESPECIE: Clupeidae COMO É?: A súa forma é alongada. Ten unha coloración externa entre azul e verde, e prateada no ventre e nos flancos. Miden en torno aos 25 cm. Os exemplares xóvenes pesan 50 - 100 gr e se lles coñece co nome de “parrochas”. Os adultos pesan uns 200 gr. COMO SE CAPTURA?: Péscase coa arte do cerco, ao xeito ou a motora. A súa época de veda é de 30 días, dúas veces ao ano. A ép- poca na que está sabrosa é no verán, dende finais de xuño ata principios de agosto. FOTO DEBUXO NOME: Sargo ESPECIE: Peixe COMO É?: Ten o corpo comprimido polos lados e de cor gris e ten reflexos prateados. Os mais novos teñen bandas escuras nos costados. COMO SE CAPTURA?: Con cana ou rede. FOTO DEBUXO NOME: Solla ESPECIE: Peixe COMO É?: Peixe plano, duns 55 cm de lonxitude. É ovalado,de pel lisa. Ten os ollos no lado dereito do corpo. A cabeza é grande e a boca pequena. É de cor grisáceo. COMO SE CAPTURA?: Péscase con rede. FOTO DEBUXO NOME: Xurel (Trachurus trachurus) ESPECIE: Carángidos COMO É?: Alcanza un peso maximo de 1kg e unha talla aproximada a 70 cm. Pode vivir ata 20 anos. Dedúnculo caudal moi fino e a cola bifurcada cunha quilla formada polas escamas. Ten una coloración azul grisacea no dorsal , nos lados e no ventre son prateadas . COMO SE CAPTURA?: Captúrase con anzós e con redes de cerco. FOTO DEBUXO