Download Regulamento
Document related concepts
no text concepts found
Transcript
I DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS - REGULAMENTO Sábado, 16 de abril de 2016 1. ORGANIZA: Concello de Muros 2. CONTACTO: Centro Cultural e Xuvenil de Muros Estrada de Miraflores, s/n 15250 Muros Tfno. 981 762 294 david.pastoriza@muros.dicoruna.es 3. DATAS E HORARIOS DAS PROBAS: Sábado, 16 de abril de 2016 Proba absoluta: 17.00 h 4. IDADES DE PARTICIPACIÓN: Nados/as en 1999 e anteriores. Os/as menores de idade deberán presentar autorización paterna ou materna para a súa participación. 5. DISTANCIAS: Sprint: 5 km carreira a pé (4 voltas), 20 km ciclismo (4 voltas) e 2,5 km carreira a pé (2 voltas). 6. INSCRICIÓNS: A inscrición realizarase online, a través da web de Emesports, www.emesports.es. A partir do 23 de febreiro. Haberá un máximo de 250 deportistas, por rigorosa orde de inscrición. 7. PREZO DA INSCRICIÓN: 10,00 € ata o 23/03/2016. 15,00 € dende o 24/03/2016 ata o 12/04/2016. 8. CRONOMETRAXE: Mediante chip. 9. SAÍDA, TRANSICIÓN E META: Saída: Porta da Vila, Muros Transición e meta: Porta da Vila, Muros 10. MAPAS CIRCUÍTOS: - Circuíto de carreira a pé: 1ª carreira: 4 voltas. 1.250 m x 4 = 5.000 m aprox. 2ª carreira: 2 voltas. 1.250 m x 2 = 2.500 m aprox. - Circuíto de ciclismo: O sector de ciclismo farase sempre polo carril dereito da estrada (agás na saída da transición). Calquera invasión do carril esquerdo da circulación (de xeito premeditado para atallar o percorrido) será sancionado por parte da organización. 4 voltas: 5.000 m x 4 = 20.000 m aprox. 11. RECOLLIDA DE DORSAIS: O venres, 15/04/2016, na piscina municipal de Muros (Soborribas, s/n 15259 Serres) no horario de 10.00 h - 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h. O sábado, 16/04/2016, na zona de saída de 15.00 h - 16.30 h. 12. CONTROL DE MATERIAL: Dende as 16:15 h e ata 10 minutos antes da saída. OBRIGATORIO PRESENTAR DNI para o acceso á transición. Non se permite a participación en bicicletas de montaña. 13. REUNIÓN TÉCNICA Ás 16:45 horas. Remate da proba: 45 minutos de corte dende a chegada do primeiro clasificado e da primeira clasificada. 14. ENTREGA DE TROFEOS: Ás 19:00 h. TROFEOS: Aos 3 primeiros masculino e feminino absolutos. PREMIOS ECONÓMICOS: 1º clasificado e 1ª clasificada absolutos: 100,00 € 2º clasificado e 2ª clasificada absolutos: 60,00 € 3º clasificado e 3ª clasificada absolutos: 40,00 € Ao importe do premio económico practicaráselle unha retención do 15% en concepto de IRPF. 15. SEGURO DE ACCIDENTES: Todos/as os/as deportistas contarán cun seguro de accidentes durante a proba. 16. SERVIZO DE DUCHAS. Servizo de duchas no pavillón de Miraflores, dende as 18.00 h e ata as 20.00 h. 17. NORMAS DE COMPETICIÓN: A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial da Federación Española de Tríatlon e Regulamento de Competición da Federación Galega de Tríatlon 2016. A organización garante modificar o regulamento en beneficio da competición dándolle a publicidade suficiente no caso de facer calquera cambio. NOTA: Nesta proba mediante a súa inscrición o/a participante consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a publicación de imaxes e datos persoais básicos en Internet. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Concello de Muros, Curro da Praza, 1 15250 Muros.